domingo, 6 de noviembre de 2011

O que pensa algún mecenas de este proxecto.

Esta é unha entrada ao blog do proxecto en Verkami.com, so usuarios rexistrados teñen acceso, pareceunos interesante publicala aquí, (sempre coa autorización da Autora)

6 de Outobro. 3 dias despois de comenzar a campaña.

... Só unha cousa me podía facer máis ilusión que ...Os Cempés volvesen aos escenarios: que viñesen a darnos un concerto aquí mismiño, na nosa casa. Por eso cando nos comentaron deste método de financiamento do que será o seu novo disco, non o dudei nin un minuto: a polos 1200!

Certamente non resultou moi complicado reunir pronto un bo grupo de persoas, pois decindo as palabras "concerto de Os Cempés" e "percebada" na mesma frase, convences a calquera. E se todo esto o aderezas cun pouco de churrasco, algún que outro postre caseiro... non vos quero contar!

E así, entre familia e amigas e amigos cercanos enseguida nos xuntamos un número interesante, e entre uns e outros... fumos traendo máis festeiros. Establecemos unha cantidade mínima, deixando aberta a opción de que cada quen aportase o que considerase dentro das súas posibilidades, e así, tan só tres días despois de iniciarse a campaña en Verkami, xa fixemos a nosa aportación!!

Agora só queda agardar a que chegue o día: xuntanza de amigos, música dos Cempés en directo... que máis se pode pedir!! E todo esto sabendo que, ademais, estaremos colaborando co noso grupo favorito!!!

3 comentarios: