miércoles, 2 de noviembre de 2011

O Novo C.D. de Os Cempés e a ELMPG.



O Novo C.D. de Os Cempés a Escola Livre da MPG, e todos vós.:

Os Cempés estamos rematando de preparar un novo traballo discográfico que se empezará a grabar en Xaneiro de 2012. Ese ano cúmplense 20 do nosa primeira actuación nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992.

E para celebrar o aniversario, 10 novos temas e unha novidade importante:

Como invitados especiales para colaborar nesa gravación queremos contar con moitos dos alumnos e exalumnos da Escola Livre de MPG (aCentral folque).



Outra novidade é que tamén propoñemos aos seguidores de Os Cempés que nos axuden a financiar a gravación, que señan mecenas neste proxecto e así convertilo nunha creación colectiva.

Esa inversión non será de balde, o sistema elexido é o da microfinanciación , ou como se lle chama en inglés, “crowdfunding”, no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas, según as súas posibilidades e optan a diferentes recompensas.

En www.verkami.com podedes ver cómo funciona este sistema botando unha ollada aos proxectos propostos actualmente, proxectos que se conseguiron financiar e outros que non.

As recompensas por participar poden ser dende ter dereito a un C.D. e aparecer nos créditos do C.D. como mecenas, invitacións para o concerto de presentación do C.D. ata incluso ¡¡disfrutar dun concerto- festa con Os Cempés na vosa casa!!





A primeiros de novembro presentaremos o proxecto a través de www.verkami.com, faremos pública a cantidade que precisamos para levalo a término e empezarán a contar 40 dias.




Nese tempo si o obxetivo se consigue faráse efectiva a aportación de cada mecenas e a cousa non termina ahí, poderáse comprobar na páxina do proxecto a evolución do proceso de gravación e comunicarse cos promotores, (Os Cempés) para facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os plazos nos que se fará a entrega das recompensas.

Si non se consigue, o C.D. ímolo facer tamén, , pero haberá que plantexar a financiación de outro xeito, e non poderiamos pagar os gastos xerados ata pasado polo menos un ano… todo máis dificil, e agotador.

A través de o facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven, www.folque.com e oscempes.blogspot.com e a partir de novembro en www.verkami.com iremos actualizando a información sobre este proxecto que quixeramos que fora o resultado de moitas aportacións, unhas pequenas outras máis grandes pero todas imprescindibles.





No hay comentarios:

Publicar un comentario