martes, 22 de noviembre de 2011

martes, 15 de noviembre de 2011

O Encontro de Os Cempés coa ELMPG

Xa nos sentimos, nos ollamos e nos escoitamos. Encontro e celebración.

Agora a traballar... disfrutando!

As Fotos son de Juan Luis Rúa:






































martes, 8 de noviembre de 2011

Obxectivo conseguido!!!


Xa chegamos ao obxectivo, en adiante todo será facilitar o traballo e sumar ainda máis corazóns e ilusións ao proxecto!

Gracias a todos e a todas!!!!

Bikos e Apertax !!!!

O Debuxo é de Leandro Lamas.
(Feito para O Espectáculo Musical/Circense
Circo MonteCuruto)


domingo, 6 de noviembre de 2011

O que pensa algún mecenas de este proxecto.

Esta é unha entrada ao blog do proxecto en Verkami.com, so usuarios rexistrados teñen acceso, pareceunos interesante publicala aquí, (sempre coa autorización da Autora)

6 de Outobro. 3 dias despois de comenzar a campaña.

... Só unha cousa me podía facer máis ilusión que ...Os Cempés volvesen aos escenarios: que viñesen a darnos un concerto aquí mismiño, na nosa casa. Por eso cando nos comentaron deste método de financiamento do que será o seu novo disco, non o dudei nin un minuto: a polos 1200!

Certamente non resultou moi complicado reunir pronto un bo grupo de persoas, pois decindo as palabras "concerto de Os Cempés" e "percebada" na mesma frase, convences a calquera. E se todo esto o aderezas cun pouco de churrasco, algún que outro postre caseiro... non vos quero contar!

E así, entre familia e amigas e amigos cercanos enseguida nos xuntamos un número interesante, e entre uns e outros... fumos traendo máis festeiros. Establecemos unha cantidade mínima, deixando aberta a opción de que cada quen aportase o que considerase dentro das súas posibilidades, e así, tan só tres días despois de iniciarse a campaña en Verkami, xa fixemos a nosa aportación!!

Agora só queda agardar a que chegue o día: xuntanza de amigos, música dos Cempés en directo... que máis se pode pedir!! E todo esto sabendo que, ademais, estaremos colaborando co noso grupo favorito!!!

jueves, 3 de noviembre de 2011

Faite mecenas do novo CD de Os Cempés.

Vota pola Música,
Faite mecenas do novo CD de Os Cempés e A Escola Livre da MPG


Aquí:
http://www.verkami.com/projects/961



Estas son as recompensas ás que podes optar según a túa aportación:

  • Aparecerás nos créditos do CD como mecenas

  • 1 CD (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas

  • 2 CD (envío a domicilio) + Acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 1 invitación para un concerto de presentación

  • 3 CD (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 2 invitacións para un concerto de presentación

  • 5 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 4 invitacións para un concerto de presentación

  • Maximo 50 RECOMPENSAS

    10 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 7 invitacións un concerto de presentación .

  • Máximo 20 RECOMPENSAS

    20 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 15 invitacións a un concerto de presentación .

  • Máximo 2 RECOMPENSAS

    20 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 20 invitacións para un concerto de presentación + 5 quilos de percebes de Cedeira capturados por Serxio Ces (membro de Os Cempés) (envío a calquera parte do mundo)

  • Máximo 3 RECOMPENSAS (DE 3)

    30 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 30 invitacións para o concerto de presentación + Poderás organizar unha festa/concerto acústico de Os Cempés a domicilio (en Galicia e cun máximo de 40 asistentes) + 8 quilos de percebes de Cedeira capturados e cociñados nesa mesma festa/concerto por Serxio Cés + Os asistentes a estas festas/concerto participarán na gravación dun videoclip promocional do grupo.



miércoles, 2 de noviembre de 2011

O Novo C.D. de Os Cempés e a ELMPG.



O Novo C.D. de Os Cempés a Escola Livre da MPG, e todos vós.:

Os Cempés estamos rematando de preparar un novo traballo discográfico que se empezará a grabar en Xaneiro de 2012. Ese ano cúmplense 20 do nosa primeira actuación nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992.

E para celebrar o aniversario, 10 novos temas e unha novidade importante:

Como invitados especiales para colaborar nesa gravación queremos contar con moitos dos alumnos e exalumnos da Escola Livre de MPG (aCentral folque).



Outra novidade é que tamén propoñemos aos seguidores de Os Cempés que nos axuden a financiar a gravación, que señan mecenas neste proxecto e así convertilo nunha creación colectiva.

Esa inversión non será de balde, o sistema elexido é o da microfinanciación , ou como se lle chama en inglés, “crowdfunding”, no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas, según as súas posibilidades e optan a diferentes recompensas.

En www.verkami.com podedes ver cómo funciona este sistema botando unha ollada aos proxectos propostos actualmente, proxectos que se conseguiron financiar e outros que non.

As recompensas por participar poden ser dende ter dereito a un C.D. e aparecer nos créditos do C.D. como mecenas, invitacións para o concerto de presentación do C.D. ata incluso ¡¡disfrutar dun concerto- festa con Os Cempés na vosa casa!!





A primeiros de novembro presentaremos o proxecto a través de www.verkami.com, faremos pública a cantidade que precisamos para levalo a término e empezarán a contar 40 dias.




Nese tempo si o obxetivo se consigue faráse efectiva a aportación de cada mecenas e a cousa non termina ahí, poderáse comprobar na páxina do proxecto a evolución do proceso de gravación e comunicarse cos promotores, (Os Cempés) para facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os plazos nos que se fará a entrega das recompensas.

Si non se consigue, o C.D. ímolo facer tamén, , pero haberá que plantexar a financiación de outro xeito, e non poderiamos pagar os gastos xerados ata pasado polo menos un ano… todo máis dificil, e agotador.

A través de o facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven, www.folque.com e oscempes.blogspot.com e a partir de novembro en www.verkami.com iremos actualizando a información sobre este proxecto que quixeramos que fora o resultado de moitas aportacións, unhas pequenas outras máis grandes pero todas imprescindibles.